Monday 06 de May de 2024

O festival Atlántica achega tres novas funcións a contornas da Pobra


Un ano máis, o festival internacional de narración oral Atlántica espallará historias en distintos concellos de Galicia, entre eles, A Pobra do Caramiñal, para o cal se artellan tres funcións.

A primeira enmárcase no programa infantil e familiar. Charo Pita e Sofia Maul levarán á alameda o relato Dragoeiros e biosbardos. Será no 2 de xullo, ás 11.30 horas.

Doutra banda, o bloque dirixido a público adulto consta de dúas sesións. Celso F. Sanmartín achegará de viva voz Catro aves escollidas son as que cruzan o mar no día 6. A paraxe elixida é A Portela, a partir das 21.00 horas.

E, no día 9, a narración trasladarase ao adro do Castelo con Contos e sucedidos, a cargo de Carolina Rueda, das 21.30 horas en diante.

Todas elas son de balde e contan co patrocinio da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.